“Xa non teño medo”

Logo do seu éxito hai un ano co “Casares-Ton”, todo un ghit da música escolar galega e un dos traballos destacados polo certame Primavera das Letras da Real Academia Galega, chega unha nova peza argallada pola activa comunidade educativa do CEIP do Carballal (Marín).

Con letra de María Victoria Moreno, homenaxeada co Día das Letras Galegas neste 2018, música, gravación e arranxos a cargo do docente Víctor Alfonso Castro Martínez e coreografía artellada por Paloma Pazos, velaquí podemos ver a toda a comunidade educativa do centro, coa ANPA Viñas Blancas incluída. A peza é finalista tamén do Olloboi Dj 2018.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*