Aprendemos da compostaxe coa familia Trebón!

Fíxate nos restos da merenda de Anselmo. Todas esas mondas da froita son o que chamamos restos orgánicos. Por regra xeral, xa sabes cal é o colector correcto para os restos orgánicos, non si? Pero, atende ben: Hai ocasións nas que para os restos de comida hai outra alternativa moito mellor. Por exemplo, se temos unha horta ou un xardín, podemos aproveitar eses restos para facer… Para facer o que Anselmo? Será… macedonia, ou compost?

Aprendamos un chisco máis sobre a compostaxe con esta nova actividade interactiva, unha colaboración de Botóns co Caderno Verde de Sogama.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*