Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Última semana para presentar traballos ao concurso ! ( Até o 1 de xuño )

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! leva moitos anos defendendo a recuperación e transmisión do Patrimonio Cultural Inmaterial común en Galicia e no Norte de Portugal. Unha forma de divulgalo é incorporalo ás programacións educativas e presentarllo ás escolas como material que poida ser utilizado na súa dinámica de traballo.

É por este motivo polo que, convoca o CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS.

Ponte…nas ondas! pretende, con esta iniciativa, que se recuperen e difundan fotografías antigas con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar e seren coñecidas polo público en xeral. Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado, así como, do profesorado dos centros educativos.

Na web de Escolas nas Ondas están as bases completas e o formulario para o envío das imaxes

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*