A VII edición do certame ‘Nós tamén creamos!’ premia os CEIP Labarta Pose, Ponzos, e A Xunqueira

O certame recoñece as mellores curtas de animación en galego elaboradas en stop-motion por profesorado e alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria.

Na modalidade de educación infantil o xurado acordou concederlle o premio ao profesorado e ao alumnado do CEIP Labarta Pose de Zas (A Coruña) polo filme “A mellor sopa do mundo”.

Igual título ten o traballo premiado na categoría de 3º e 4º de primaria, elaborado no CEIP A Xunqueira de Pontevedra.

Na modalidade de 1º e 2º de primaria, a seleccionada foi a curta “Coas mans baleiras” do CEIP de Ponzos, de Ferrol (A Coruña).

Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As curtametraxes seleccionadas poden verse no Portal da lingua galega (www.lingua.gal/nos-tamen-creamos), así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es).

Programa de dinamización da lingua galega

‘Nós tamén creamos!’ é un programa de dinamización lingüística que desenvolven a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e a CRTVG en colaboración con OQOeditora.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*