‘Dióxenes’, ‘Ludwig’ e ‘ A muller que vivía no futuro’, curtas gañadoras do III Premio Ofelia Devesa

Na categoría de primeiro, segundo e terceiro da ESO o traballo gañador foi o vídeo Dióxenes, dos alumnos Pablo Pazos Domínguez e Antón Etxeita Figueroa; O segundo premio recaeu en Ludwig, de Daniel Noya García e Manuel Vea Santos. O terceiro premio foi para o audiovisual A muller que vivía no futuro, de Beatriz Torreira Iglesias.

Entre as propostas presentadas polo alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, o xurado escolleu Entre cables e neuronas, de Rosalía Rodríguez Cruz. Mereceu o segundo premio Candalieri, da alumna Candela Code López, e o terceiro, Sol e Lúa, de Yaiza Álvarez Couselo e Belén Hernández Garabal.

Audiovisuais en galego para divulgar coñecemento

O III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa ten como finalidade promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de educación secundaria e bacharelato. Con este fin, premia os mellores traballos audiovisuais en galego elaborados polos estudantes para responder algunha pregunta científica ou para dar a coñecer algún aspecto científico de calquera campo do saber, desde os máis técnicos ata os sociais e humanísticos. Os participantes no certame deben abordar esta tarefa, non ao modo tradicional, senón de xeito que eles mesmos sexan os protagonistas das historias.

A entrega dos premios realizouse este luns 11 de xuño no IES Arcebispo Xelmírez II. Xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron na entrega de premios o promotor do premio, Carlos Lema Devesa; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela, Manuel Dios; a directora do centro, Ana M. Alonso.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*