Parabéns ao alumnado vigués gañador do Rally Matemático en Toulouse

Hai xa máis dun mes que oito rapazas e rapaces de 4º da ESO do Colexio Apóstol Santiago de Vigo: Liz Castro, Noelia Rodríguez, María Rodríguez, Alexandre Leirós, Sergio Miguel Álvarez, Roberto Domínguez, Javier Bilbao e Alejandro Doiro, volveron da cidade francesa de Toulouse cun importante logro: a vitoria na final internacional do Rally Matemático Sen Fronteiras.

Na proba final celebrada a comezos de maio, a velocidade e capacidade de razoamento respecto de cinco problemas propostos no prazo dunha hora demostrada polo alumnado vigués evidenciou unha magnífica destreza que os fixo merecedores do campionato neste evento internacional organizado polo Institut de Recherche pour l’Enseignement des Sciences (IRES) da Universidade Paul Sabatier de Toulouse.

Ampliamos felicitación para o seu profesor de matemáticas, Juan Lois González, e para o colectivo Igaciencia, que promove cada ano a competición a nivel galego, unha fase clasificatoria previa na que participan un bo feixe de centros. Na propia web de Igaciencia podemos ler das impresións dos centros galegos participantes no evento. E cómpre recordar alén dos gañadores, a excelente representación realizada polo resto de alumnado e centros. A representación galega estaba completada polos seguintes:
1º de ESO IES Rosalia de Castro – Santiago – Profesora Mercedes Rodríguez Bruzos
2º de ESO IES Rosalia de Castro – Santiago Profesora María del Carmen González Varela
3º de ESO IES Río Cabe – Monforte – Profesora Carmen Morais Torres
4º de ESO-Ciencias IES Rosais 2 – Vigo – Profesor Juan Carlos Ares Rodríguez

O alumnado recibiu a felicitación oficial en Galicia a pasada fin de semana, nunha recepción por aprte do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ignacio López-Chaves.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*