2011: lembranza de Lois Pereiro

Lois PereiroPeneiramos na rede recursos que sirvan de axuda na achega ao poeta. (Actualizado a 25 de abril)

A Real Academia Galega (RAG) decidiu desta volta homenaxear un autor de culto finado en tempo recente e a prol do cal se teñen pronunciado especialmente as novas fornadas literarias.

Nado en Monforte en 1958, só viu en vida dous traballos publicados: Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas, 1992) e Poesía última de amor e enfermidade (Edicións Positivas, 1995). En 1996 a morte levou así un autor que entraba en plena madurez literaria. Catorce anos despois, na mesma cidade na que finou, A Coruña, o pleno da Real Academia Galega decidiu homenaxear a súa obra dedicándolle o Día das Letras 2011.

No comunicado emitido pola RAG o verán pasado cando se anunciou a escolla, sinalábase que Lois Pereiro “cartagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coas tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario”.

Velaí unha ESCOLMA DE RECURSOS NA REDE SOBRE LOIS PEREIRO:

***** Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: novas@botons.eu
COMPARTIR

11 COMENTARIOS

  1. Graciñas Xosé,
    pasamos a incluír os dous artigos que nos comentas e de paso engadimos un aviso para completarmos a táboa de recursos entre todos. Moitas grazas e un saúdo!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*