Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?

Agustín Fernández PazO escritor foi proposto candidato ao prestixioso Premio Andersen.

Na primavera de 2009 e poucos meses despois de ser galardoado a nivel estatal co Premio de Literatura Infantil e Xuvenil, a editorial Xerais promocionaba baixo este lema a un dos autores galegos máis lidos: “Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?”.

Con obra traducida a moitas linguas, desde o catalán ao árabe, pasando polo éuscaro ou o francés, Fernández Paz será desta volta candidato español ao Premio Andersen. Así o decidiu a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI). Outorgado pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil – International Board on Books for Young People (IBBY), o Premio Andersen recoñece cada dous anos a un autor ou autora, tanto a escritores como a ilustradores, pola súa contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil. Na Feira de Boloña de 2012 coñecerase se este ‘Nobel’ da literatura para os máis novos é finalmente para o autor galego. Fernández Paz é tamén o elixido para o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil Edicións SM

Unha oportunidade perfecta, xa que logo, para subliñar o pracer da lectura, para novos e maiores, da obra do autor chairego: Na web de Xerais poden consultar unha lista completa da obra de Agustín Fernández Paz.

Algúns recursos sobre o autor na rede:

5 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*