Os mozos e mozas do Club de Lectura do IES Alexandre Bóveda, de Vigo, realizaron unha ruta literaria por terras de Celanova, cos poemas de Celso Emilio Ferreiro como “materia” de lectura. Na bitácora Ler en mancomún.
Así de bonito escriben as rapazas e rapaces de Sada. Parabéns aos gañadores do concurso. Na bitácora do IES O Mosteirón podemos ler os relatos gañadores de “Amor, amor… en cen palabras”.