Inicio » Como podo colaborar?

Como podo colaborar?

Seguro que se che ocorren formas de colaborar no proxecto. En todo caso, nós resumímosche algúns xeitos posibles:

1)Difunde: axuda a que se coñeza o portal educativo. Avisa os teus coñecidos da existencia desta publicación. Reenvía información e contidos que creas que lle poden interesar aos teus contactos na rede. En breve facilitarémosche tamén a posibilidade de colocar na túa web un báner con ligazón directa a ‘Botóns’.

2)Contribúe: dun xeito máis activo podes facernos saber de actividades, acontecementos, iniciativas, contidos ou recursos de todo tipo que paga a pena que a comunidade que se xunta en Botóns coñeza. Fainos saber deles escribindo á nosa caixa de correo: contacto@botons.eu

3)Escribe: Tamén podes colaborar enviando artigos, reflexións ou análises de todo tipo. Sexas mestre, nai, pai, psicopedagoga… Ou independentemente da túa condición ou traballo, apetéceche compartir unha reflexión ou comentar un recurso de utilidade para a comunidade educativa (Ideas? Un libro, un disco, unha película, unha exposición)

5)Debate: comenta, propón… axuda a enriquecer a experiencia expoñendo as túas reflexións sobre os contidos.

6)Apoia: Se formas parte dunha empresa ou institución que pensas que pode prestar o seu apoio económico ao primeiro portal galego de educación en internet, escríbenos contándonos a túa proposta a botons@botons.eu

7)Outras ideas? Contacta con nós para contarnos a túa proposta!