26 de xaneiro: Día Escolar da Educación Ambiental

Concepto relativamente recente, a educación ambiental avanza na sociedade malia os obstáculos.

A idea da Educación Ambiental (EA) é relativamente recente:

A interese real por esta idea non xorde até os anos 70, onde sucesivamente teñen lugar a Declaración da Conferencia da ONU sobre o Medio Ambiente (Estocolmo, 1972) e a chamada Carta de Belgrado (1975). No evento sueco sublíñase a necesidade de difundir información pedagóxica en prol da protección e a defensa do medio ambiente. E na cita de tres anos máis tarde, destacarase a necesidade de traballar pola involucración da cidadanía no coidado do medio ambiente.

Con eses vimbios chégase en 1977 á Conferencia Intergubernamental sobre Educación Ambiental, organizada pola Unesco e celebrada na cidade de Tbilisi (daquela na Unión Soviética e na actualidade capital de Xeorxia). Aló prodúcese unha inédita chamada aos estados para que inclúan a EA nas súas políticas de educación. Lánzase ademais unha chamada a colaborar no intercambio de experiencias e no desenvolvemento de estratexias e materiais relacionados coa EA.

As escolas teñen cita co Día Mundial da Educación Ambiental cada 26 de xaneiro, a primeira convocatoria do ano que leva o medio ambiente ao máximo protagonismo nas aulas. Unha data onde é bo lembrar a recomendación da Unesco para que a EA vaia máis aló das escolas e gañe protagonismo en toda a sociedade.

Recursos sobre educación ambiental na rede galega:

Outros:

Recentemente, diversos colectivos do movemento ecoloxista galego, chaman a atención sobre a falta de recursos en prol da educación ambiental. Ao fío, fíxose público o chamado manifesto ‘Non á desaparición da educación ambiental

As organizacións e entidades asinantes deste manifesto expoñen…

Que todos os problemas ambientais do pasado e presente século teñen a súa base en problemas sociais, polo que resulta absurdo e insensato pretender que se poidan resolver ou xestionar prescindindo do uso de ferramentas e instrumentos sociais.
Que ante a actual situación de crise ambiental (moito máis preocupante que a económica…) nunca coma nestes momentos resulta máis transcendente e necesario fortalecer e potenciar os instrumentos sociais e a EA.
Que nos seus máis de trinta anos de existencia, a EA demostrou ser, sen dúbida, unha das ferramentas máis eficaces e eficientes en relación aos limitados recursos invertidos nela.
Que reducir e incluso eliminar a EA nas políticas ambientais e nas estratexias de desenvolvemento da nosa comunidade é absurdo e irresponsable e que, ademais, vai contra todas as recomendacións existentes no ámbito do desenvolvemento sostible e a promoción da sostenibilidade.

E RECLAMAN, da Xunta de Galicia e demais administracións implicadas:
Frear a sangría de recortes nos recursos e actividades de EA
Unha maior asignación orzamentaria para as actividades de educación e divulgación ambiental.
O restablecemento dos concursos para a xestión dos Equipamentos públicos
Unha maior aposta pola EA no sistema educativo
A posta en marcha dun plan de apoio e potenciación do emprego no ámbito da EA e o medio ambiente.
Unha mellor programación e planificación das actividades de EA
Unha maior coordinación entre administracións na xestión dos recursos existentes para a EA

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*