… “no país onde sempre brilla o sol”. Filme “exclusivo” para os máis cativos.
Conta o director desta longametraxe, Alex Colls, que se trata dunha película película concibida e desenvolvida para o público infantil:
“No canto de tratar de satisfacer os gustos de todos para atraer unha maior billeteira, está produción naceu e desenvolveuse como dirixida exclusivamente aos máis pequenos”.
Recentemente, A Tropa de Trapo apareceu na lista de candidatos aos Premios Goya. O filme é unha coprodución galego-catalá. Pola parte galega, participan as produtoras Continental e Abano Producións. Hai que lembrar tamén que o guión da película é froito do traballo da escritora ferrolá Lola Beccaría.
A longametraxe galega competirá cos filmes ‘El tesoro del rey Midas’, ‘Chico y Rita’ e ‘Las aventuras de Don Quijote’. Os premios coñeceranse o vindeiro 13 de febreiro.
Sinopse:
O día que Mumu descobre un branquísimo rebaño de ovellas pastando no parque onde elas xogan cos seus amigos Milo, Rita, Talalo, Alfred e Olga, non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, A TROPA DE TRAPO, confeccionados con tecidos de moi diferentes estampados (seguramente pasados de moda…), con centos de manchas de todas as cores de xogar na herba e nas pozas. E sente certa vergoña dos seus amigos e envexa das lustrosas ovellas. E pensa que ela, unha vaca tan especial, está perdendo o tempo cun grupo de amigos equivocados.
Cando descobre que esas impecables ovellas son en realidade estrelas que van formar parte dun gran espectáculo, Mumu queda definitivamente seducida por elas e disponse a cambiar o que sexa necesario con tal de chegar a ser tamén unha glamourosa estrela.
Vídeo:
[…] “no país onde sempre brilla o sol”. Filme “exclusivo” para os máis cativos estreado o pasado outono nas salas galegas. Posted by admin on Martes, Xaneiro 4th, 2011. Filed under Uncategorized. You can follow any […]