Exposición: Virxilio Viéitez, un galego de Soutelo entre os grandes da fotografía

Unha das fotografías máis famosas obra de Virxilio ViéitezDous anos despois da súa morte e cumpríndose 80 anos do seu nacemento, o MARCO inaugura unha ambiciosa retrospectiva da obra deste fotógrafo tardiamente descuberto para o público.

Lugar: Vigo, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)
Data: deica o 24 de abril
Horario: martes a sábados (festivos incluídos) de 11h00 a 21h00, domingos, de 11h00 a 15h00

O valor artístico e social que reúne o traballo fotográfico de Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, 1930-2008), convérteo, segundo os expertos, nun dos grandes da fotografía mundial.

Un recoñecemento unánime que lle chegou moi tarde a Viéitez. É a finais dos anos 90 cando comeza a ser coñecida, logo de que súa filla, Keta Viéitez, expuxese por vez primeira as fotografías do pai nunha mostra autoproducida e presentada en 1997 no seu pobo natal. Un ano despois, a súa obra gaña gran proxección logo da presentación dunha escolma na Fotobienal, comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal.

A mostra que chega ao MARCO recolle 293 fotografías expostas en salas —261 en branco e negro e 32 a cor— das que máis da metade son traballos inéditos, ás que se suman os 142 vintage exhibidos en vitrinas. Unha sala biográfica e a proxección do documental Virxilio Vieitez. Más allá del oficio, realizado por José Luis López Linares en 2005, con entrevistas a Virxilio e á súa filla Keta Vieitez, completan o discurso expositivo.

Información e recursos:

Vídeo na RTVE: Adeus a Virxilio Viéitez (Duración 1’22”)

Adiós a Virxilio Viéitez

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Xulio Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*