Indira Gandhi: pioneira na chegada da muller ao poder político

Indira GandhiUn mes de xaneiro de hai 45 anos era elixida xefa de Estado da India.

En 1966 converteuse en primeira ministra da India. Foi unha das pioneiras na chegada da muller ao poder político a nivel mundial. En calquera caso, a primeira en facelo nun dos xigantes demográficos do planeta, a India (con 1.166 millóns de habitantes na actualidade)

Hai que lembrar que en realidade a primeira muller en acceder ao cargo de primeiro ministro dun Estado foi Sirimavo Bandaranaike, que accedeu á xefatura de Estado en Sri Lanka o ano 1960.

Tomou o apelido de seu marido, quen malia compartir ese apelido con Mahatma Gandhi, non tiña parentesco con el. Indira era filla de Jawaharlal Neru, quen foi primeiro ministro da India desde a independencia do país en 1947.

Durante a xefatura de seu pai, foi asesora deste e colaborou activamente na actividade do seu goberno.

O 19 de xaneiro de 1966 é elixida primeira ministra da India.

Foi asasinada en outubro de 1984.

Malia o ascenso de mulleres a postos de relevancia política, a India segue a ser un país onde historicamente a muller sofre de graves problemas de discriminación, o máis básico: os moitos obstáculos para acceder á educación.

Frases para a reflexión:

“Non hai peor contaminación que a pobreza”

“As persoas que pensan que non son capaces de facer algo… non o farán nunca, aínda que teñan moitas aptitudes”

“Hai que vixiar os ministros que non poden facer nada sen diñeiro… e tamén a aqueles que queren facelo todo só con diñeiro”

Máis información e recursos:

  • O colectivo Implicadas no Desenvolvemento é unha ONG que leva anos “cambiando o mundo desde Galicia”. O combate da discriminación que padecen as mulleres é un dos seus obxectivos prioritarios. Entre outros, ten levado adiante diversos proxectos na India: un de desenvolvemento urbano na cidade de Tiruchy, no estado de Tamil Nadu e outro en Karaikal, na costa do mesmo estado e que xurdiu despois da tsunami de decembro de 2004. Ademais, entre os anos 2001 e 2003, financiaron un proxecto de desenvolvemento rural no estado de Andra Pradesh, tamén no sur da India e outro de desenvolvemento urbano en Tiruchy, entre 1998 e 2000.
  • “37 millóns de mulleres “faltan” na India por mor da práctica do infanticidio feminino, do aborto selectivo, ou do asasinato pola dote”. Artigo de Pilar Gallego Cid en Xornal de Galicia: A violencia contra as mulleres non é inevitable
  • Diario de India, blog do corresponsal de La Vanguardia naquel país: 25 anos sen Indira Gandhi
  • Na web do Centro de Estudos e Documentación Internacional (CIDOB), biografía de Sonia Gandhi, nora de Indira Gandhi
  • Tamén na web do CIDOB, biografía de Sirimavo Bandaranaike
  • Pratihba Patil é a primeira muller en chegar a presidenta da India (ano 2007)
  • Noticia en Vieiros: En 2009, por vez primeira, unha muller preside o Parlamento indio
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*