Máis conciencia, máis árbores, máis vida

Ano Internacional dos BosquesA ONU declara o Ano Internacional dos Bosques para concienciar á poboación mundial da necesidade de preservar un recurso fundamental para o noso futuro.

Os bosques son unha enorme riqueza, tanto ambiental e económica. O desenvolvemento mal entendido arramplou con grandes áreas boscosas e contribuíu a empobrecer, especialmente nas últimas décadas, os diferentes ecosistemas do planeta.

Conscientes do grave problema que representa a destrución das masas forestais, a ONU declarou 2011 como Ano Internacional dos Bosques. O obxectivo é concienciar á poboación da necesidade de preservar estes espazos. Para a reflexión un dato estarrecedor: cada ano desaparecen 13 millóns de hectáreas no mundo (unha cifra que multiplica por catro a superficie de Galicia).

Para os expertos da ONU é precisa unha nova xestión dos bosques. Unha explotación que combine a preservación, cunha explotación racional e sostible que permita xerar riqueza pero que á vez sirva para rexenerar novas zonas.

Pero cales son as principais ameazas para estes ecosistemas? A tala ilegal, a deforestación para posteriores usos agrogandeiros, os novos asentamentos de poboación, a explotación de recursos enerxéticos, os cultivos agrocombustibes, os incendios forestais ou as pragas son as respostas.

Mais os bosques son o noso principal aliado contra a contaminación. Os expertos da ONU consideran que a deforestación causa até o 20% das emisións mundiais de CO2 (unha cifra similar á orixinada polo sector do transporte)

Como cidadáns podemos tomar a iniciativa para loitar contra a deforestación. A presión político, a plantación de árbores ou o consumo responsable de produtos de madeira son ferramentas importantes para variar o rumbo actual.

Para saber máis:
Listado de bosques galegos
Recursos sobre os bosques na web oficial da ONU
2011, Ano Internacional dos Bosques (Dhpedia)
A biodiversidade forestal en perigo
Audio programa radiofónico A Hombros de Gigantes: Ano Internacional dos Bosques

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*