Once historias salgadas para arrolar os máis pequenos

Arrolos de SalitreA ultima proposta musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, ‘Arrolos de salitre’, lévanos ao mundo dos cantos de berce.

Once xoias musicais. Esta é a fermosa e novidosa proposta de nanas que chegan da man de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, compoñentes de Berrogüetto: ‘Arrolos de salitre’. Cantos de berce para axudar a durmir aos máis pequenos pero, sobre todo, un CD que destila calidade e sen dúbida fará soñar tamén aos adultos.

Nesta proposta musical xúntanse nanas tradicionais con outras de nova creación. O  comprador pode escoller entre o CD ou un paquete idóneo para agasallo que trae ademais un babeiro customizado coa lenda do disco.

Unha das sorpresas deste traballo é a participación de voces aínda pouco coñecidas, pero notables, como as de Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez ou Diego Calviño. No plano instrumental, canda Díaz e Fernández participan outros músicos de prestixio como Quim Farinha, Pedro Lamas ou Suso Iglesias.

“De sal veñan mil mareas, / de amor sexa o vendaval. / Deitei a miña serea, / galopa nun arroaz (…)”

Máis información en Músicas de Salitre

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a A. Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*