Climántica fornece de actividades e unidades didácticas as escolas do país e involucra xa a máis de 150 colexios de primaria e secundaria. O contido está relacionado con materias diversas do currículo escolar, desde bioloxía e xeoloxía até a xeografía e historia, pasando pola física e a química, a tecnoloxía e a economía. Unha iniciativa que, segundo os seus promotores, busca interrelacionar conceptos, facilitar a comprensión do cambio climático e á vez introducir os principais problemas ambientais do planeta de xeito sinxelo.
Un dos responsábeis medioambientais da ONU, Munyaradzi Chenje, destacou o valor do proxecto como modelo de referencia no eido da educación e a comunicación ambiental e falou da posibilidade de adaptalo para o seu uso noutros lugares.
- Proxecto Climántica
- Entrevista con Francisco Sóñora, director do Proxecto Climántica: “O cambio climático é un punto de partida perfecto para conectar con outras preocupacións ambientais”