Tabaco: a mellor prevención, o exemplo

O tabaquismo é un dos principais problemas de saúde, tamén para os menores expostos a el.

Dende o 2 de xaneiro a lei é aínda máis estrita co consumo de tabaco en lugares públicos. Costumes tan arraigadas como a de fumar en locais de hostelaría son xa historia. O tabaquismo é na sociedade actual un dos problemas de saúde máis serios, tanto para fumadores como para os que están expostos indirectamente ás súas consecuencias.

Como podemos previr que os nosos fillos acaben desenvolvendo esta adición? A figura materna e paterna condicionan moitos dos hábitos futuros dos seus descendentes. Sen dúbida, un dos pasos máis importantes é que os proxenitores teñan consciencia de que son un espello para eles no seu xeito de diario de vida.

Os expertos sosteñen que a adición á nicotina é unha das máis difíciles de superar. Mais, con forza de vontade e nalgúns casos coa axuda de especialistas, pódese abandonar o seu consumo.

Se es pai ou nai e che custa deixar o tabaco, podes protexer, con pequenos pero importantísimos xestos, a saúde dos menores. O máis importante é evitar fumar diante. De facelo, nunca encendas o cigarriño en espazos pechados  compartidos (estancias da casa, interior dun automóbil…)

Algúns argumentos de peso para apagar o cigarriño:

-Os fillos de fumadores teñen ata catro veces máis de probabilidades que outros nenos de acabar desenvolvendo esta adición.
– Os nenos con pais fumadores teñen cinco veces máis de nicotina metabolizada (cotinina) nos ouriños que os que viven en familias non fumadoras.
Segundo a OMS, o tabaquismo pasivo provoca a morte de 165 mil menores cada ano no mundo.
O exemplo familiar é un dos cernes da educación. Non o penses máis, deixa de fumar ou, cando menos, evita expoñer aos teus ás graves consecuencias do consumo do tabaco.

Algúns recursos para axudar a deixar o tabaco:
Guía para deixar de fumar do Ministerio de Sanidade (.PDF)
Programas da USC para deixar de fumar
Axuda para que os docentes (como exemplo social) abandonen o tabaco

Os médico de familia poden ser a mellor axuda para aqueles que lles custe deixar o tabaco. Non dubides en achegarte á consulta.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*