Peneiramos na rede recursos que sirvan de axuda na achega ao poeta. (Actualizado a 25 de abril)
A Real Academia Galega (RAG) decidiu desta volta homenaxear un autor de culto finado en tempo recente e a prol do cal se teñen pronunciado especialmente as novas fornadas literarias.
Nado en Monforte en 1958, só viu en vida dous traballos publicados: Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas, 1992) e Poesía última de amor e enfermidade (Edicións Positivas, 1995). En 1996 a morte levou así un autor que entraba en plena madurez literaria. Catorce anos despois, na mesma cidade na que finou, A Coruña, o pleno da Real Academia Galega decidiu homenaxear a súa obra dedicándolle o Día das Letras 2011.
No comunicado emitido pola RAG o verán pasado cando se anunciou a escolla, sinalábase que Lois Pereiro “cartagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coas tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario”.
Velaí unha ESCOLMA DE RECURSOS NA REDE SOBRE LOIS PEREIRO:
- Lois Pereiro, bitácora en Blogaliza
- Biografía en Praza das Letras
- Lois Pereiro, Contra a morte, reportaxe en Vieiros sobre o documental adicado ao poeta. Inclúe fragmentos en audio dun dos últimos recitais ofrecidos por Lois Pereiro en 1996, pouco antes de morrer. Tamén extractos de vídeo onde Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro conversan sobre o poeta
- Entrevista radiofónica a Lois Pereiro, arquivo de audio do programa Diario Cultural, da Radio Galega. Emitida o 5 de xaneiro de 1996, pouco despois de publicar, en Edicións Positivas, Poesía última de amor e enfermidade
- O poeta inusitado, audio da mesa redonda celebrada en Fene. Interveñen Anxos Garcia Fonte, Noel Blanco, Xosé Luis Mosquera e Xosé Manuel Pereiro, que debullan obra e a personalidade do poeta
- Mundo Lois, a web e vídeo: proxecto que xorde da idea de Antón Reixa, amigo persoal do autor Lois Pereiro, de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois
- De amor e desamor: Vídeo da gala XXV Aniversario do grupo poético De amor e desamor, celebrada no Teatro Colón da Coruña o 17 de decembro de 2009. Intervencións de Lino Braxe, Miguel Mato, Manuel Rivas e Xavier Seoane, lendo poemas da súa autoría. Así como a de Xosé Manuel Pereiro, lendo textos do seu irmán Lois
- Alexandro González pon música a Lois Pereiro, nova en EL Progreso e audios en Culturagalega.org
- Lois Pereiro, as armas da paixón, vídeo documental sobre a vida e a obra de Lois Pereiro
- “Son Lois Pereiro e para empezar voume poñer un pouco mitolóxico”, audios en Radiofusión: recitado Lois Pereiro no verán de 1984
- A voz de Lois Pereiro, audios en Radiofusión (2)
- Documentos para imprimir, álbume de fotos e un feixe de actividades para Infantil e Primaria, material elaborado polo Seminario Galán, do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo
- E ti como imaxinas a Lois Pereiro, proposta didáctica de Sechu Sende
- Poemas 1981-1991: Ficha na Biblioteca Virtual Galega. Inclúe texto dos poemas “En doce versos falsos” e “Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos”
- Mundo Lois, calendario de actuacións
- Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración, artigo en Galiciae
- A autopsia de Lois Pereiro, A Nosa Terra recupera un texto do xornalista e escritor Xesús ‘Chichi’ Campos, amigo e compañeiro de Pereiro, publicado no semanario o 10 de outubro do 1984
- O día en que o punk entrou na Academia, artigo en El País
- A dor en cada célula, artigo de Fidel Vidal
- La poesía bisturí de Lois Pereiro, reportaxes en El País
- O poeta contra o abismo, análise de Daniel Salgado, en El País
- Sabendo que hai un drama elaborado, artigo de Xiana Arias en El País
- Retrato de Lois como artista adolescente, artigo de Xosé Manuel Pereiro
- Lois Pereiro contra as almiñas da estadea, artigo de Fran P.Lorenzo
- O radar da vangarda, a escritora Lupe Gómez conversa con Xosé Manuel Pereiro
- Lois Pereiro e Lois Pereiro 2011, artigos de Rosa Enríquez en La Región
- Manuel Antonio e Lois Pereiro: náufragos do paraíso, artigo de Carlos Negro en Terra e Tempo
- Conversa ultramarina, o diario que Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) escribiu entre os meses de marzo e xuño de 1995 como unha longa e errática carta á xornalista Piedad R. Cabo
- Imaxe de Lois Pereiro, no blog do CEIP Barro
- O poeta punk, no blog Etikeles
- Lois Pereiro, GZ e Lois Pereiro punk!, estampas no blog do escritor Sechu Sende
- 2011, ano de Lois Pereiro, no blog Medrar en Galego
- Convocatoria de concurso-exposición sobre Lois Pereiro
- Lois Pereiro, a voz insurxente, ficha sobre a fotobiografía editada por Ouvirmos
- Twitter sobre Lois Pereiro
- Un poema longametraxe
- Biografía e obra en LIM, elaborado polo CEP Dr.Fleming
- LIM con actividades, elaborado pola bitácora Econenos, do CEIP Vales Villamarín
- LIM sobre Lois Pereiro, proposta de actividades elaborada pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, no CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
- Lois Pereiro na voz da xente, proxecto didáctico elaborado por Xandobela
- Lois Pereiro: a lucidez alucinada, artigo de Rosa Enríquez no Terra e Tempo
- Fotobiografía
- Dossier da construccion dun interactivo para pantalla tactil sobre a vida e obra de Lois Pereiro (Escoitar.com)
- Álbume creativo do CEIP de Laredo
- A morte en Lois Pereiro, estudo sobre a poesía de Lois Pereiro, elaborado por Teresa Seara
- Álbume realizado polo EDLG do IES Torrente Ballester, de Pontevedra
- Presentación para pizarra dixital en PREZI, un traballo de colaboración dos departamentos de galego e plástica do IES As Barxas, de Moaña
- Bitácora en blogspot, con recursos sobre o autor: Contra a morte, o amor que vai comigo
Audio e Vídeo sobre Lois Pereiro |
|
Outros:
***** Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: novas@botons.eu |
Non están todos. Rosa Enríquez tamén fai referencia a Lois Pereiro: http://www.laregion.es/opinion/8711/ Non unha, senón en dúas ocasións no mesmo diario: http://www.laregion.es/opinion/8025/
Graciñas Xosé,
pasamos a incluír os dous artigos que nos comentas e de paso engadimos un aviso para completarmos a táboa de recursos entre todos. Moitas grazas e un saúdo!
[…] This post was mentioned on Twitter by xosse dorrío and Pilar Ponte, aulabotons. aulabotons said: …e organizamos unha escolma de recursos na rede sobre Lois Pereiro homenaxeado das Letras 2011: http://bit.ly/gBEMdD #loispereiro […]
[…] achegamos vídeo da fotobiografía sobre Álvaro Cunqueiro no Vérbum, e organizamos unha escolma de recursos na rede sobre Lois Pereiro (artigos, audio, vídeo,etc) homenaxeado das Letras 2011. Convidámosvos a colaborar coa iniciativa […]
[…] que podedes ver a lista completa no espazo 2011, lembranza de Lois Pereiro. Velaquí en destaque as novas […]
[…] 2011: Lembranza de Lois Pereiro, resumo de información na rede sobre o autor ao que se lle adica o Día das Letras 2011 […]
http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro/
presentación para pizarra dixital en PREZI, un traballo de colaboración dos departamentos de galego e plástica do ies ás barxas
http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro/
IES as BARXAS ,MOAÑA
Grazas mil pola iniciativa! Eu vou poñendo o que atopo no grupo de facebook de Lois http://www.facebook.com/group.php?gid=136726561965
E tamén hai material (videos, audios, novas) na súa web: http://loispereiro.blogaliza.org
[…] 2011: Lembranza de Lois Pereiro, resumo de información na rede sobre o autor ao que se lle adicou o Día das Letras 2011 […]