Libros para festexar o amor

Libros para festexar o amorUn conxunto de propostas da editorial OQO no mes que celebramos a Candeloria e o San Valentín.

Abriuse o mes de febreiro lembrando que en tempo de Candeloria é cando casan os paxariños. Tradición popular que deu no que poderíamos chamar o “Día Galego do Amor”, na altura do 2 de febreiro. Mais este 14 de febreiro tamén se celebra o coñecido San Valentín, Día dos Namorados.

Sexa como for, coa primavera asomando á porta, é unha boa escusa para falar de libros “para festexar o amor”.

Velaquí as suxestións que nos envía a Editorial OQO
Colección na OQOs

Caracol e Caracola. Armando Quintero & André Letria

Que che pasa, Caracol?

É que son feo, feo!

Pois a min non mo parece –dixo Caracola.

Caracol mirou a Caracola.
Os seus ollos parecéronlle fermosos.

Colección O
Sal e azucre. Iván Prieto
Na casa vivín  unha velliña toda de sal
e un velliño todo todo de azucre.
Uns días queríanse moito
e outros non paraban de discutir.


Sígueme! (Unha historia de amor que non ten nada de raro). José Campanari & Roger Olmos

O elefante nin lento
nin preguizoso
(porque estaba moi namorado)
meteuse no caracol
(primeiro a trompa e logo o demais).
E, dando voltas e máis voltas,
chegou até o fondo,
onde estaba a esperalo
aquela formiga negra
con cintura de avespa


Tres desexos.
Eva Mejuto & Gabriel Pacheco
O vello pensou que as riquezas nada valían
se a muller estaba a morrer de pena.

Pois…
eu o que máis desexo…
é verte feliz sen chourizo no nariz!

Titiritesa. Xerardo Quintiá & Maurizio A. C. Quarello
Que ben cheiras…!-Murmurou Titiritesa.

E colonia de azucre –dixo Wendolina.
Entón sentiron un airiño trangalleiro
que lles fixo cóxegas no pensamento.


Un segredo do bosque
.
Javier Sobrino & Elena Odriozola
Esquío baixou a mirada
e quixo regalarlle lirios
pero alí non había;
quixo mostrarlle a lúa,
pero falta moito para a noite;
quixo ouvear pero non sabía:
quixo darlle mel, pero as avellas metíanlle medo;
quixo facerlle unha cama brandiña
pero as follas estaban molladas


Chuzos de punta. Raquel Saiz & Maja Celija
Hai veces
en que as leis da natureza non funcionan.
Hai días
en que o amor cae do ceo.


A voda de Galo Pinto. Juan A. Belmontes & Natalie Pudalov
Pero a raposa da matogueira andaba triste.

Cada tarde,
ao ver a Xiana lavar o pelo na fonte,
esquecía o nome e a fame.

Viches o león?. Armando Quintero & Géraldine Alibeu
Querido león:
Meu pai di que serás unha boa parella.
Quen intenta subir a Lúa ou está namorado ou toleou.
Non paga a pena que o fagas.”

Tres han de ser. Darabuc & Fátima Afonso
Pasaron os anos e un día foille dicir a súa nai que namorara e quería casar.

E quen é o afortunado?-quixo saber a nai-
Dos teus tres amigos, quen é o elixido:
Fausto, Lázaro ou Ícaro?

Os tres nai!

Colección Q
Rato solteiro. Paco Liván & Marta Torrão
(…) estaba a piques de pillala,
faltáballe un chisco,
ela tirouse ao río.
Aos ratos non lles gusta nada a auga
pero este pensou:
mollarse por unha boa causa,
paga á pena.
E tamén se botou ao río!

Gaspar, o pastor de lebres
.
Paco Liván & Lucie Müllerová
Disimulando a alegría,
a princesa sorriu cando Gaspar,
timidamente,
lle declarou o seu amor.

Taller de corazóns.
Arturo Abad & Gabriel Pacheco

Beatriz non sabe que,
en cada corazón que fabrica,
Matías agocha
un anaquiño do seu.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Namórame en galego! | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*