Visita virtual a algúns dos mellores museos do mundo

A Habitación - Museo Van Gogh, en AmsterdamDesde o MoMA en New York ata a Galería dos Uffizi en Florencia.

Son arredor dun milleiro de obras pertencentes a 400 artistas diferentes. Están en 17 das máis coñecidas e importantes salas de exposición do mundo. A National Gallery en Londres, o MoMA en New York ata a Galería dos Uffizi en Florencia, o Museo Reina Sofía en Madrid, o Museo Van Gogh en Amsterdam.

En colaboración con estas institucións, Google lanza o chamado Google Art Project, un espazo en internet que permite ver algunhas relevantes pinturas expostas nestes museos. Camiñando virtualmente polas salas, ao xeito de como o facemos coa ferramenta Google Street View, pode accederse ás obras. Tamén, a través dun zoom, podemos ampliar detalle grazas ás técnicas de elevada resolución que se usaron para o proxecto e que permiten contemplar polo miúdo todos os recunchos de cada cadro.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*