Olimpíada de Química 2011

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia lanza a convocatoria para alumnos de 3º e 4º da ESO.

No Ano Internacional da Química, o alumnado da educación Secundaria pode optar a esta actividade organizada pola Comisión de Ensinanza do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e apoiada pola Fundación Alcoa.

A Olimpíada contempla dúas modalidades:

MODELO I : PROBA INDIVIDUAL DE CONTIDOS
1.FASE DE ZONA,  que se celebrará o 29 de Abril de 2011; na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo, Foz, Pontevedra e Vigo.
2.FASE FINAL, que se celebrará o 27 de Maio de 2011 en Santiago de Compostela.
 
MODELO II : PROXECTO INTEGRADO
Preténdese que o proxecto sexa un traballo compartido no que conflúan esforzos de todos os membros do equipo, que deberá estar formado por alumnos dos cursos de 3º e 4º da ESO. Cada centro só poderá presentar un proxecto integrado baseado nos contidos e obxectivos específicos da materia Física e Química dos cursos de 3º e 4º da ESO.
O proxecto será exposto e presentado durante a celebración da Fase Final da III Olimpíada Galega de Química para Alumnos de ESO (27 de Maio de 2011).

Os dous modelos de Olimpíada son independentes, os centros e os alumnos poderán inscribirse nun deles ou se o prefiren nos dous.

Máis información na web do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*