‘Memorias de Muller’, adolescentes e maiores aprenden xuntos

Memoria de Muller, actividade no Concello de BoiroUn programa educativo co que en Boiro as persoas maiores lle explican ao alumnado as experiencias vividas na súa época.

Un dos obxectivos que se persegue con este programa é concienciar ao alumnado da importancia de escoitar, valorar, e aprender coas persoas maiores, xa que estas teñen moito que aportar á nosa sociedade. Ademais, con esta actividade, pretenderase complementar as metodoloxías tradicionais con aprendizaxes e recursos innovadores, así como, estimular a importancia dos contidos da educación non formal. Dende este proxecto apostarase por unha conexión entre familia, escola e comunidade, onde se traballe de xeito cooperativo e colaborativo.

“Memorias de Muller” é un proxecto educativo do Concello de Boiro posto en marcha no IES A Cachada que busca explicar e analizar o papel da muller fai medio século, así como a inmigración existente en Galicia. Levarase a cabo por medio da voz da experiencia de varias mulleres que se encargarán de transmitilo aos alumnos e alumnas participantes.

A través de varias sesións, as avoas de Boiro participantes contaranlle ao alumnado as súas vivencias como mulleres na época na que lles tocou vivir, así como as sensacións experimentadas tras a inmigración que viviron.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*