XVI edición do Entroido da Física

O Entroido da FísicaDesde a bitácora Tecnoloxía.org, María Loureiro anima a participar neste evento blogueiro para a divulgación da física.

Que hai que facer?

1. Escribir un artigo no teu blogue que teña relación coa física. Pode ser calquera cousa: un post sesudo, algo breve, unha cita, unha imaxe, un vídeo, …

Podes escribir en calquera idioma, pois todos son perfectamente válidos para divulgar ciencia e tecnoloxía.

Este mes o tema é as relacións entre a física e a tecnoloxía. Por exemplo:

* Avances na física que contribuíron a un avance na tecnoloxía.
* Avances na tecnoloxía que contribuíron a avances na investigación en física.
* Traballo conxunto entre física e tecnoloxía cun obxectivo común.

Informádevos polo miúdo en Tecnoloxía.org.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*