Encontro de docentes e equipos pola normalización

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización LingüísticaA Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES Xelmírez II de Santiago de Compostela, un novo emprazamento ao inicialmente previsto motivado por problemas de aforo.

Pódese consultar o programa e toda a información no enderezo web da Coordinadora.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo (arroba) coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.

COMPARTIR

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Santiago Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*