Re-lerlle os libros aos cativos axuda á aprendizaxe de vocabulario

Esta repetición lectora acelera a adquisición de vocabularioUn estudo dunha psicóloga británica conclúe que esta repetición acelera a adquisición de vocabulario.

“Cada vez que o meniño escoita o conto adquire nova información”, explica a investigadora Jessica Host, “a primeira, a comprensión, a segunda a percepción dos detalles e a descripción, e así progresivamente”.

Velaí en resumo a conclusión do seu estudo, segundo o cal os nenos que escoitan varias veces un mesmo conto afianzan máis rapidamente un conxunto de novo vocabulario. Horst, investigadora na Universidade de Sussex e directora da investigación, subliña que esa repetición contribúe a acelerar e reforzar a aprendizaxe das palabras por parte dos máis pequenos.

Con esa fin, os investigadores británicos seleccionaron dous grupos de meniños de tres anos. Así, durante unha semana un dos grupos escoitou tres contos distintos nos que se incluían idénticas novas palabras. Mentres, o segundo grupo escoitaba un conto co mesmo novo vocabulario pero repetido en varias ocasións.

Ao cabo do tempo, atoparon que quen mellor lembraba as novas palabras eran os meniños do grupo aos que se lles contara o mesmo conto en varias ocasións. “A investigación fainos pensar que o importante non só é o número de libros, senón a repetición de cada un deles, porque é o que propicia unha maior aprendizaxe” neste ámbito, sinala Horst.

O informe completo na web da revista Frontiers in Developmental Psychology: Get the story straight: contextual repetition promotes word learning from storybooks

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*