Dirixida pola mestra de música, Mª Luísa Taboada Rivadulla (Misi), a exposición repasa a vida e traballo do compositor e violinista Manuel Quiroga. Colaborou toda a comunidade educativa, rapaces incluídos e conta con documentos orixinais do autor, facilitados por Milagros Bará Viñas, sobriña neta de Quiroga.
A exposición estará accesible no CEIP Campolongo durante dúas semanas e ofrece un percorrido pola vida e traxectoria musical así como documentos gráficos e sonoros deste destacado músico pontevedrés.
Pode visitarse de luns a venres en horario lectivo polas mañás, e de luns a xoves de 16h30 a 18h30.
Cóntannos na bitácora do ENDL do CEIP Campolongo.