O informe PISA avaliará a educación “financeira” do alumnado

Informe PISA - OCDEDesde 2012 a análise periódica das competencias nas aulas ocuparase tamén de medir o grao de “cultura financeira”.

A idea xorde dun estudo realizado en 2005 pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) sobre a situación da cultura financeira en todo o mundo. Froito dos indicadores detectados, a OCDE recomendoulle a gobernos e institucións promover plans de educación financeira na sociedade e, de xeito especial, fomentar esa educación entre os máis novos.

Este novo indicador para o chamado informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes (coñecido como informe PISA polas súas siglas en inglés, Programme for International Student Assessment), comezará a funcionar desde o ano 2012. Para daquela, á beira dos cuestionarios que avalían a comprensión lectora e as matemáticas incluirase en 19 países outro adicado a avaliar a cultura financeira do alumnado. A iniciativa é froito dun acordo da OCDE co BBVA, que apoiará con 1,2 millóns de euros o proxecto, á beira doutros programas específicos en prol da educación financeira.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a A educación financeira en aulas e fogares | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*