Lois Pereiro, novos recursos sobre o autor

Lois PereiroSumamos un feixe de achegas á escolma iniciada hai un par de semanas.

Recordámosvos que podedes ver a lista completa no espazo 2011, lembranza de Lois Pereiro. Velaquí en destaque as novas incorporacións:

Lois Pereiro, as armas da paixón
Lois Pereiro, as armas da paixón é un vídeo documental sobre a vida e a obra de Lois Pereiro elaborado por Sara Paz e Luis Aldegunde (CPI dos Dices e CPI da Baña). Entrevistas a Xosé Manuel Pereiro, Antón Lopo, Antón Losada, Antón Patiño, Paco Macías, Menchu Lamas e Arturo Casas.

Un poema longametraxe
A esquecida participación de Lois Pereiro nunha mostra en homenaxe ao cinema devólvenos a versión dun dos seus poemas do 1987. Publicado en A Nosa Terra: Un poema longametraxe

Lois Pereiro, actividades
LIM con actividades, elaborado pola bitácora Econenos, do CEIP Vales Villamarín

Lois Pereiro, a poesía da modernidade
LIM sobre Lois Pereiro, proposta de actividades elaborada pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, no CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras

Lois Pereiro na voz da xente
Proxecto de divulgación e dinamización sociocultural en torno a obra e figura de Lois Pereiro, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. A empresa Xandobela ten en marcha un proxecto didáctico arredor da figura de Lois Pereiro. Velaquí o resumo: Lois Pereiro na voz da xente.

A Lucidez alucinada
Artigo de Rosa Enríquez no Terra e Tempo: Lois Pereiro: a lucidez alucinada

Lois Pereiro 2011
Fotobiografía

Lois Pereiro ‘Interactivo’
Dossier da construccion dun interactivo para pantalla tactil sobre a vida e obra de Lois Pereiro (Escoitar.com).

Lois Pereiro en imaxs
Álbume creativo do CEIP de Laredo.

A morte en Lois Pereiro
Estudo sobre a poesía de Lois Pereiro, elaborado por Teresa Seara

Lois Pereiro
Álbume realizado polo EDLG do IES Torrente Ballester, de Pontevedra

Contra a morte, o amor que vai comigo
Bitácora en blogspot, con recursos sobre o autor: Contra a morte, o amor que vai comigo

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*