O escritor foi proposto candidato ao prestixioso Premio Andersen.
Na primavera de 2009 e poucos meses despois de ser galardoado a nivel estatal co Premio de Literatura Infantil e Xuvenil, a editorial Xerais promocionaba baixo este lema a un dos autores galegos máis lidos: “Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz?”.
Con obra traducida a moitas linguas, desde o catalán ao árabe, pasando polo éuscaro ou o francés, Fernández Paz será desta volta candidato español ao Premio Andersen. Así o decidiu a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI). Outorgado pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil – International Board on Books for Young People (IBBY), o Premio Andersen recoñece cada dous anos a un autor ou autora, tanto a escritores como a ilustradores, pola súa contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil. Na Feira de Boloña de 2012 coñecerase se este ‘Nobel’ da literatura para os máis novos é finalmente para o autor galego. Fernández Paz é tamén o elixido para o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil Edicións SM
Unha oportunidade perfecta, xa que logo, para subliñar o pracer da lectura, para novos e maiores, da obra do autor chairego: Na web de Xerais poden consultar unha lista completa da obra de Agustín Fernández Paz.
Algúns recursos sobre o autor na rede:
- A web persoal de Agustín Fernández Paz
- “O maior e verdadeiro premio, o inesperado: o aprezo dos lectores”, conversa en Vieiros co autor despois de que lle outorgasen o galardón pola obra ‘O único que queda é o amor’, recoñecida así como a mellor do Estado en 2007
- Biografía en Praza das Letras
- Ilustracións de Pablo Auladell para ‘O único que queda é o amor
- Reflexión sobre O único que queda é o amor’ na bitácora O levantador de minas
- Primeiro mar, relato do autor en Vieiros
Recomendamos tamén os vídeos que tivemos a honra de gravarlle en 2008, onde debulla os seus referentes literarios: http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2008/10/23/parabens-para-agustin-fernandez-paz/
[…] Anterior en Botóns: Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz? […]
[…] Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz? (Botóns. Portal Galego de Educación) […]
[…] Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz? (Botóns. Portal Galego de Educación) […]
[…] Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz? (Botóns. Portal Galego de Educación) […]