‘Educación emocional’ como ferramenta para a mellora da conducta

'Educación emocional' como ferramenta para a mellora da conductaProxecto desenvolvido en catro institutos cataláns.

(…)
“Oriol proponlles dinámicas participativas sobre a relación entre iguais. Hoxe toca discutir sobre o seu rol individual na clase e no mundo. “Arturo interrompeu a Michelle, beneficiouvos ou prexudicouno? Se intelixente. Sentiriádesvos mellor ou peor sen interrupcións constantes cando falades? “, inquírelles. Oriol fálalles de sentimentos e logo de decisións: saber frear os sentimentos negativos e tomar as rendas das propias accións. Apuntan no encerado os personaxes que poden interpretar durante os catro anos da ESO: líder, querido/a, pallaso-de-outros, bo estudante, matón/a, bromista… Estades nun curso moi importante, podedes decidir como seredes vós e o voso instituto”, invítaos. Mikel observa a sesión como ‘avaliador’ simbólico, regresou ao instituto tras abandonar os estudos en 2º da ESO”

Un caso de acoso escolar está na orixe do proxecto que ‘Educación e Traballo Emocional para unha Aprendizaxe de Prevención’. Deseñado pola Associació Social d’Educació de l’Emoció i la Raó (SEER) xunto co Consell de la Joventut de Barcelona (CJB) e Casal de Joves (CJ). Un total de 1.200 estudantes de catro institutos cataláns beneficiáronse durante dous cursos desta iniciativa, que incluíu obradoiros para aulas completas, o seguimento de 25 casos individuais e asesoramento a 45 titores e arredor de 40 nais e pais. Un 80% dos 400 alumnos enquisados afirmou ao cabo do programa que mellorara en respecto, amabilidade e compañeirismo, aumentara a participación e diminuíra a agresividade. A SEER comezou co deseño dunha intervención puntual logo do caso de bullying e posteriormente o proxecto ampliouse con obradoiros regulares a xeito de prevención. A figura do “facilitador” foi sendo aceptada e amosouse útil na resolución doutros conflitos: pelexas, absentismo, etc.

Recomendamos a información en La Vanguardia: A educación emocional mellora a conduta en clase

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*