“Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar”

Videoxogo interactivo para concienciar sobre o aforro enerxéticoVideoxogo interactivo para concienciar sobre o aforro enerxético.

Deseñado para concienciar os cativos sobre a importancia do uso responsable da enerxía, o videoxogo “Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar” foi presentado recentemente coincidindo co Día Mundial da Eficiencia Enerxética.

O videoxogo está protagonizado por un superheroe da Eficiencia e a súa familia, o Super-E e a Familia Efi, que axudan o usuario a ir construíndo unha casa que é un modelo de aforro e eficiencia enerxética, aplicando sinxelas pautas de aforro. Os rapaces que completen o xogo terán a oportunidade de coñecer, dun xeito lúdico, as medidas que teñen que adoptar na súa casa para aforrar enerxía.

Os rapaces que rematen o xogo, accesible nas principais webs da Xunta, da Consellería de Economía e Industria, no INEGA ou a través das redes sociais como Spotify e Tuenti, entrarán a formar parte do sorteo dun cento de agasallos consistentes en papaventos, bicicletas, monopatíns, patinetes, bodyboards e cepillos dentais solares. Este sorteo realizarase de xeito automático pola propia aplicación.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*