Fahrenheit 451

Fahrenheit 451, de Ray BradburyA novela de Ray Bradbury que conta dun mundo onde posuír libros e delito e un corpo de bombeiros adícase a buscalos para destruílos.

O protagonista da obra, Guy Montag, é bombeiro nunha sociedade onde a súa profesión consiste en atopar e queimar libros. Baixo un goberno que ten prohibida a lectura en beneficio da suposta “felicidade” dos cidadáns, Montag coñece unha muller, Clarisse McClellan, que pouco a pouco vai mudando a súa forma de pensar.

O título da novela, Fahrenheit 451, fai referencia á temperatura (233ºC) á que o papel dos libros comeza a arder. É un dos máis coñecidos traballos do escritor estadounidense Ray Bradbury.

Na rede tamén pode atoparse o filme en Google Video: Farenheit 451, película dirixida por François Truffaut en 1966

Recomendámosvos consultar na bitácora A Revolta da Freixa a guía de lectura que propoñen para esta obra.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*