Descubrindo xuntos

Programa de animación á lectura en idades temperás.Programa de animación á lectura en idades temperás.

Os bebes serán os protagonistas do novo programa de animación lectora para os máis cativos: “Descubrindo Xuntos” orientado a bebés de 0-2 anos e onde tanto os pequeniños como os pais e nais terán moito que ver, todos os interesados podedes achegaros a Biblioteca do Forum a informarvos e familiarizarvos coa bebeteca. Os/as bebés, da man dos contos e das palabras, darán un paseo polo mundo que os/as rodea, acompañados/as polos seus pais, polas súas nais e guiados por Beba.

QUEN ESTÁ INVITADO/A?
Pais, nais e bebés (de 0 a 2 anos)

COMO ACUDIR?
Os convites, un por familia, recolleranse na mesma biblioteca o sábado anterior á sesión. Non se realizarán reservas telefónicas.

ONDE?
Bebeteca da Biblioteca Municipal Forum Metropolitano

CANDO?
Os sábados de Marzo a Xuño, cada 15 días.

Máis información na bitácora Bebetecaforum

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*