A prestación para familias con fillos enfermos cobrarase con carácter retroactivo

Un apoio económico que lles permita optar a unha redución de xornada laboral para o coidado dos cativos durante a súa hospitalización e tratamentoO goberno español anuncia que o regulamento desta axuda para a redución de xornada laboral estará listo en poucas semanas.

Foi xa o pasado mes de novembro cando se chegou ao acordo nos Orzamentos Xerais do Estado para, con unanimidade do Congreso, establecer axuda para nais e pais con fillos enfermos de gravidade. Un apoio económico que lles permita optar a unha redución de xornada laboral para o coidado dos cativos durante a súa hospitalización e tratamento. Dende aquela, a iniciativa quedou pendente dun regulamento que fixase a súa introdución.

Recentemente, o ministro da Presidencia, Ramón Jáuregui, anunciou que o devandito regulamento estará finalizado en poucas semanas. O proxecto fora incorporado á Lei de Orzamentos Xerais, en vigor desde o primeiro de xaneiro. Xa que logo, aquelas nais e pais que optasen á axuda, poderán beneficiarse dela mesmo con carácter retroactivo. Subliñou Jáuregui que, aínda sen o regulamento en vigor, trátase este dun “dereito exercitable” e que todos os que pedisen formalmente a prestación poderán cobrala retroactivamente.

A prestación está pensada para familias cos dous proxenitores traballando e co obxectivo de facilitar que un deles poida acollerse a esta iniciativa. Así, o subsidio cobre o 100% da bse reguladora por baixa laboral e é proporcional á redución da xornada de traballo (reducida cando menos á metade).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*