A fervenza do Ézaro, unha sala de xogos da Coruña, un afiador… Escoitar.org

Un feixe de "postais sonoras" nesta comunidade a prol do son como patrimonio cultural inmaterialUn feixe de “postais sonoras” nesta comunidade a prol do son como patrimonio cultural inmaterial.

O patrimonio sonoro dun lugar debería ser consensuado polos seus habitantes, é por elo que Escoitar.org facilita unha ferramenta que pode axudar a materializar este tipo de actitude, explican os promotores da web e da asociación cultural do mesmo nome. Escoitar.org forma parte ademais do Proxecto-Edición (CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane) e atende a unha das liñas de investigación do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo, no que está actualmente integrado.

As súas actividades:
*Conservación da Memoria Sonora de Galiza.
*Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial.
*Restauración/dixitalizacón do Arquivo Sonoro de Galiza (en proceso).
*Seminarios/obradoiros para promocionar e fomentar o fenómeno sonoro como elemento fundamental da cultura del paí­s.
*Fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro de Galiza.
*Traballo de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais de Galiza a partir do punto de vista artí­stico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico.

O son como patrimonio cultural inmaterial

A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero.

No obstante asistimos ó longo do século XX a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística…)

Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*