Experimento escolar mundial sobre a calidade da auga

pretende sensibilizar alumnos de primaria e secundaria sobre a importancia da augaO inicio do grande experimento mundial de química, que invita escolares do mundo enteiro a analizar de xeito científico a calidade da auga que os rodea, ten lugar o 22 de marzo en Cidade do Cabo (Suráfrica), coincidindo co Día Mundial da Auga.

A operación “Big Splash” marcará o inicio oficial do experimento escolar mundial “A auga, unha solución química” e é unha das actividades que levará a cabo a UNESCO en Cidade do Cabo, onde estará presente xunto con todos os organismos de Nacións Unidas membros de ONU-Auga. Do 22 ao 25 de marzo, un millar de alumnos de entre 15 e 18 anos de centros escolares de Capetón participarán na operación, examinando a salinidade ou a acidez da auga que beben e aprendendo a filtrala ou destilala.

A iniciativa, ideada pola UNESCO e a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) no marco do Ano Internacional da Química 2011, pretende sensibilizar alumnos de primaria e secundaria sobre a importancia da auga. Unha vez feito o experimento, os alumnos poderán publicar os resultados nun mapa interactivo en liña. A partir de Suráfrica, a iniciativa estenderase a todos os colexios do mundo que desexen participar.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*