Novos títulos para FP: Técnico Superior en Enerxías Renovables e Técnico Superior en Educación e Control Ambiental

Novos títulos para FP: Técnico Superior en Enerxías Renovables e Técnico Superior en Educación e Control Ambiental Aprobados polo Consello de Ministros esta semana, xunto con outros título de FP de grao superior: ‘Técnico Superior en proxectos de obra civil’ e un título de grao medio: Técnico en conformado por moldeo de metais e polímeros.

Técnico Superior en enerxías renovables
Este título enmárcase dentro da familia profesional de “Enerxía e Auga” e establece como competencia xeral efectuar a coordinación da montaxe, posta en servizo e xestión da operación e mantemento de parques e instalacións de enerxía eólica; promover instalacións, desenvolver proxectos, e xestionar e realizar a montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas; e xestionar, supervisar a montaxe e o mantemento de primeiro nivel en subestacións eléctricas.

As persoas que obteñan este título exercerán a súa actividade en empresas dedicadas a realizar a promoción, a montaxe, a explotación e o mantemento de instalacións de enerxías eólicas e solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica e en empresas relacionadas coa xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, ou que posúan instalacións de alta tensión, así como en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de subestacións eléctricas. Entre os postos de traballo que poderán desenvolver encóntranse: técnico de xestión de operación e mantemento en instalacións eólicas, responsable de montaxe de parques eólicos, promotor de instalacións solares, ou encargado de mantemento de subestacións eléctricas de instalacións eólicas e fotovoltaicas.

Técnico Superior en educación e control ambiental
Pertencente á familia profesional de “Seguridade e Medio”, este título ten como competencia xeral sensibilizar e educar a poboación, promovendo actitudes que contribúan á conservación e mellora do medio, informando sobre os seus valores e os diversos problemas ambientais, capacitando para unha correcta toma de decisións, deseñando actividades para o seu coñecemento e uso baseado en principios de sostibilidade, así como realizar accións de xestión ambiental para controlar e protexelo aplicando a normativa.

Aqueles que obteñan esta titulación poderán exercer a súa actividade en calquera organización de carácter público ou privado que teña como obxecto o control do medio e os seus recursos, o desenvolvemento de programas de educación ambiental (información, comunicación, formación, interpretación e participación ambiental), a realización de actividades de guía-intérprete e acompañamento polo ámbito ou a xestión ambiental. Desta forma, os postos de traballo que estará capacitado para desenvolver son, entre outros, os de educador ambiental, guía ambiental, técnico en control de espazos naturais ou monitor da natureza.

Técnico Superior en proxectos de obra civil
Esta titulación corresponde á familia profesional de “Edificación e Obra Civil” e a súa competencia xeral consiste en elaborar a documentación técnica de proxectos de obra civil e de ordenación do territorio, realizar levantamentos e reformulacións de obras de construción, así como xestionar o control documental para a súa execución.

Aqueles que obteñan este título estarán en disposición de exercer a súa actividade profesional como traballadores autónomos ou asalariados en estudos de delineación, estudos de arquitectura e enxeñaría, promotoras, empresas de servizos técnicos e consultorías, empresas construtoras, concesionarias e de explotación, empresas doutros sectores cuxas actividades presentan unha marcada incidencia territorial con actividades de explotación de recursos naturais e Administracións Públicas. Así, poderán desenvolver o seu traballo en postos como o de delineante proxectista de estradas, especialista en levantamento de construcións, delineante de topografía, axudante de Técnico de Control de Custos ou maquetista de construción.

Ademais, aprobouse o título de FP de Grao Medio para Técnico en conformado por moldeo de metais e polímeros
Este título corresponde á familia profesional de “Fabricación mecánica” e a súa competencia xeral consiste en executar os procesos de fundicións metálicas, de transformados de polímeros e de materiais compostos, acondicionando ao mesmo tempo as materias primas; preparando e controlando o funcionamento de instalacións, máquinas e ferramentas; e comprobando á súa vez as características dos produtos obtidos.

As persoas que cursen estes estudos orientarán o seu labor profesional cara a sectores de industrias transformadoras de metais, caucho e todas aquelas en que o produto ou materia prima que se vaia empregar sexa de natureza polimérica, podendo desempeñar o seu traballo en empresas de fundición e industrias de transformación de polímeros. Así, estarán capacitados para exercer como operador en fornos de fusión, preparador de moldes-machería, moldeador mecánico ou operador de máquina moldeadora de pneumáticos.

Ata a data o Consello de Ministros aprobou un total de 61 títulos de Formación Profesional.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*