Unha campaña solicita que se deixen de repartir nas escolas os cabeceiros que incumpran esa solicitude.
A iniciativa é promovida por nais e pais a través da web Peticiones.es e baixo o título Prostitución fóra das nosas escolas:
“Como pais, nais e persoas preocupadas pola educación dos nenos, nenas e adolescentes, asistimos con preocupación ao reparto nas escolas e institutos de Galicia de xornais que fan apoloxía da prostitución e que difunden -con profusión gráfica explícita- unha imaxe de mercantilización das relacións afectivas e sexuais contraria aos valores sociais que, na nosa opinión, a escola debe fomentar.
Nunha etapa como a infancia e adolescencia, na cal se está formando o carácter e os menores son máis vulnerables ás influencias externas, a divulgación dese tipo de contidos a través de vehículos que gozan de prestixio social, como son os xornais, contribúe a dar unha visión deformada da maduración afectiva e da satisfacción persoal, con efectos moi negativos sobre os alumnos e alumnas. Efectos que a maioría das veces non se exteriorizan no ámbito doméstico e que, por iso mesmo, os pais e nais non podemos combater. Ademais, esas mensaxes interfiren na relación que os e as menores establecen cos seus iguais, dando a imaxe de que as chicas e mulleres son produtos que se poden comprar ou alugar por horas.
Por todo iso, solicitamos que a Consellería de Educación, a través do organismo que corresponda, dea instrucións para que os centros escolares sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia suspendan o reparto aos menores de idade de calesquera medios que inclúan anuncios de prostitución, sin que sea admisible xustificación algunha sobre o uso que se lles dea a estes xornais, dado que, dunha u outra forma, acabarán nas mans dos nosos fillos e fillas menores de idade.
OBS. Solicitamos aos pais e nais que leven esta proposta ás ANPAs e aos consellos escolares nos que participan, polo ben da educación dos nosos fillos e fillas”
Algunhas referencias na rede á iniciativa:
- En Público: A Federación de Periodistas contra os anuncios de contactos
- En Xornal de Galicia: As APAs piden a Educación non repartir nas escolas periódicos con anuncios de contactos
- Na bitácora Enredando: Os medios no ensino: reflexión a propósito dunha polémica