Chega ás pantallas “A Casa da Luz”

A Casa da Luz, de Xabier P. DocampoCun programa inicial de pases para docentes, chega a estrea o filme inspirado na novela de Xabier P.Docampo.

O produtor e impulsor do proxecto, Xoán Xosé Cabanas Cao, conta para El Progreso que, diante das cancelas para levar á maioría de salas os filmes nacidos fóra dos circuítos habituais, os promotores do proxecto cinematográfico A Casa da Luz, comezarán a promocionala a través dun plan de proxeccións dirixidas a profesores: “Porque queremos que sexa un instrumento didáctico e para a normalización por estar rodada en galego”, explican ademais.

O primeiro pase e´este 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

Falan do tema na bitácora de Xerais, onde tamén pode descargarse a reportaxe escrita por Jaureguizar en El Progreso: A película ‘A casa da luz’ bota a andar con pases privados por toda Galicia

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*