Educar na casa

Educar na CasaUnha opción que volve á actualidade coas queixas acerca da chamada “lei de apoio á familia e á convivencia”.

O ano pasado, a Asociación para a Libre Educación (ALE), colectivo que representa familias a nivel estatal, xa expresara a súa preocupación pola situación na que quedan as familias do país que opten por educar no fogar a seus fillos. En xuntanza coa secretaria xeral de Benestar, representantes da ALE advertiron que este novo marco legal pasaba a cualificar de situación de “desamparo” a non escolarización habitual dun menor, situación que até ese momento se definía legalmente como “risco”. O colectivo entregoulle daquela á Xunta un dossier con información a prol desta opción educativa.

Desde o colectivo galego Educar na Casa consideran que a aprobación da Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, coloca as familias galegas nunha situación de indefensión ao considerar unha situación de desamparo “a falta de escolarización habitual do neno, nena ou adolescente co consentimento ou a tolerancia dos pais, nais ou persoas que exerzan a garda”. Unha porta aberta a que, coa lexislación na man, poida chegarse ao estremo de que a familia perda a custodia dos nenos.

Diversas sentenzas favorábeis a nais e pais que optan por educar os cativos no propio fogar veñen avalando este modelo educativo. Así e todo, unha recente sentenza introduce un precedente distinto no asunto, xa que o Tribunal Constitucional fallou que dous fillos adolescentes dunha familia galega teñan que ser obrigatoriamente escolarizados. A indefinición legal atranca así unha opción educativa que ten orixe en Estados Unidos na década dos 70 no seo dunha comunidade amish, pioneira en enfrontar a lei para non enviar os fillos á escola. En países da UE como o Reino Unido regulamentouse esta opción, cuxo baleiro legal en España segue creando conflitos. A referencia á educación non presencial introducida na recente lei de educación en Cataluña é apenas un dos tímidos avances en despexar dúbidas lexislativas sobre o asunto. Mentres, as familias partidarias da “educación na casa” poñen na mesa estudos, exemplos e informes varios en favor desta opción.

Para ampliar información:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a El desamparo gallego « La opción de educar en casa. Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*