Aprobada a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición

Prohibirá a venda en centros escolares de bebidas e comidas con alto contido en ácidos grasos saturados, trans e azúcares. Prohibirá a venda en centros escolares de bebidas e comidas con alto contido en ácidos grasos saturados, trans e azúcares.

Haberá que agardar aínda ao desenvolvemento do regulamento deste novo marco lexislativo, que agora segue trámite no Senado, para saber con exactitude cales son os límites que o executivo fixará para a industria alimentaria respecto destas prácticas.

A lei anunciouse como proxecto non só para reforzar a seguridade alimentaria senón tamén para enfrontar o crecente aumento dos índices de obesidade entre a poboación. De xeito específico, os expertos veñen alertando desde hai tempo das altas taxas de incidencia da obesidade entre os cativos. Deste xeito, a lei contempla promover a difusión de prácticas e materiais sobre nutrición correcta entre a comunidade educativa.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*