Skype desenvolve unha aplicación para docentes

Skype desenvolve unha aplicación para docentesA nova plataforma en liña desta popular ferramenta sae á luz baixo o nome “Skype in the classroom”.

Contan desde a empresa que esta iniciativa chega para dar resposta a unha realidade: a de que moitos docentes xa integraran Skype nas súas clases para axudar os alumnos nos procesos de aprendizaxe. A intención de Skype e promover a conexión entre compañeiros docentes e aulas de todo o mundo.

Aseguran que case a diario reciben información sobre o uso que ao seu software lle dan no mundo da ensinanza en todo o planeta. Desde proxectos internacionais sobre o clima até intercambios culturais, proxectos de apoio para nenos con xordeira, ensino de inglés, etc.

Desde o seu lanzamento en marzo xa son milleiros de educadores en case un cento de países os que usan Skype in the classroom para colaborar entre aulas, atopar profesorado con intereses similares, compartir recursos educativos e actividades diversas. Inclúe un sistema de procura por ubicación, mapa ou palabra chave de docentes, recursos e proxectos.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Crear perfís, crear proxectos e compartir recursos coa rede social de Skype | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*