Premios María Barbeito de Educación en Galicia

Premios María Barbeito á Innovación Educativa en GaliciaA Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago convoca os Premios María Barbeito de Educación en Galicia coa finalidade de recoñecer publicamente aquelas iniciativas, centros e investigacións psicopedagóxicas que polo seu valor e interese máis contribúan ao desenvolvemento educativo.

O premio contempla dúas convocatorias, unha dedicada a salientar a Investigación Pedagóxica e o outra orientada á Innovación e á Experiencia Pedagóxica. No primeiro caso recoñecerase aqueles informes orixinais referidos ao coñecemento da educación en Galicia, sempre que estean elaboradon durante os dous últimos cursos académicos, 2009-2010 ou 2010-2011. Neste caso, establécese un único premio dotado con 1.500 euros.

Pola súa banda, o Premio á Innovación e á Experiencia, recoñecerá aquela experiencia realizada nun centro educativo de ámbito non universitario en Galicia e que se considere de máxima calidade global de actuación. Os traballos deberán versar preferentemente sobre organización escolar, integración e tratamento da diversidade, normalización lingüística na educación, innovación didáctica en áreas ou materias, a incorporación das novas tecnoloxías ou formación profesional.

María Barbeito, na memoria
Mª. Barbeito, nacida na Coruña en 1880, comezou a súa actividade profesional na escola pública de párvulos da cidade como auxiliar interina no 1901, pasando de seguido á escola unitaria Da Guarda en 1902, da que foi nomeada directora en 1915, sendo xa un colexio graduado. Comenzará entón un extraordinario labor pedagóxico. Montessori, Decroly, Dewey e o conxunto da Escola Activa fixéronse así radicalmente presentes. A súa acción escolar e educativa ía desde as Escolas Da Guarda, ata a Tribuna pública na Sociedade de Artesáns; desde a promoción das colonias, ata os escritos en defensa dos nenos e das nenas. Unha organizadora da nova educación, cunha excepcional capacidade didáctica. Desde os anteriores puntos de vista, desenvolveu pois un intenso traballo pedagóxico e de renovación metodolóxica, particularmente apreciable na súa elaboración de procedementos metodolóxicos para a realización da lectura global.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*