Proposta de actividades na Semana Mundial da Actividade Física

Velaquí un conxunto de interesantes recomendacións tiradas do Plan de Actividade Física, Deporte e Saúde da Generalitat catalá.

1) Que clase de evento podedes facer?
Podedes organizar:
Camiñadas: cos vosos veciños, empregados, alumnos, colegas ou coa xente doutras poboacións. Podedes deseñar un percorrido desde a vosa institución con destino a un parque, a un ou varios monumentos, a puntos de referencia do  municipio ou polo interior da vosa institución.

Se o municipio dispón dunha ruta saudable, recomendámola para realizar a actividade nenos-nenas-deporte-2principal.

Xogos: podedes organizar xogos que animen a facer actividade física, como deportes ou xogos onde os participantes perdan ou gañen as roldas e entón paguen peza facendo abdominais, saltando, facendo unha carreira ou andando durante un intre.

Difusión da mensaxe da importancia de actividade física para a saúde: podedes pedir ao departamento de mercadotecnia ou dirección da vosa institución e pedir pór a mensaxe da
actividade física achegado á nómina (por exemplo) ou colgar o cartel de celebración do Día no edificio.

Paseos con cans: podedes organizar un paseo con cans, no que pode participar todo o mundo que teña un can. Desta maneira, os propietarios e os cans volveranse activos ao mesmo tempo!

Día das escaleiras: podedes establecer un día en que os ascensores se desactiven para os 3 primeiros pisos, para estimular ás persoas a que utilicen a escaleira. Lembrade deixar un ascensor para aquelas persoas que non poidan subir polas escaleiras.

Baile: podedes organizar concursos de baile para mobilizar á poboación.

Contactar cos medios de comunicación; organizar seminarios, talleres, foros destes eventos: permiten difundir os conceptos de estilo de vida activo, a recomendación de facer 30 minutos de actividade física cada día e o tema central do Día Mundial da Actividade Física: Cidades Activas, Vida Saudable!

2) Que podemos facer para conseguir a participación da xente?
Podedes conseguir participación facendo chamamentos na radio local, a televisión, trípticos e dossieres informativos, páxinas web, e nas redes sociais de Internet. Pedide aos vosos colaboradores habituais que vos axuden a difundir a celebración do Día mediante as súas redes de contactos e a boca-boca.

3) Se necesitamos recursos, como os podemos conseguir?
Pódese contactar con empresas que estean interesadas en difundir as súas marcas ao mesmo tempo que a apoiar o voso evento, con camisetas, gorras, bebidas ou calquera outro material de promoción que inclúa a súa marca e o voso evento con mensaxes que animan as persoas practicar actividade física para a saúde.

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Cando menos, trinta minutos de actividade física cada día | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*