DiverTeo

DiverteoO prazo para anotarse nesta iniciativa a prol da conciliación, no Concello de Teo, remata este 12 de abril.

O Diverteo funcionará os días 18, 19, 20, 25 de abril e 23, 24, 27, 28, 29 e 30 de xuño de 2011.

O departamento de Educación e Benestar, dirixido por Carmen Diéguez, abriu o prazo para anotarse no programa de conciliación Diverteo Primavera 2011. Esta actividade realizarase coincidindo coas vacacións escolares de semana santa e cos últimos días de xuño.

O prazo para anotarse remata o 12 de abril e para formalizar a solicitude hai que entregar no Rexistro Xeral do Concello de Teo a solicitude debidamente cuberta acompañada do resgardo da folla da taxa conforme se pagou o custe do servizo e a fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/as.

O Diverteo Primavera organízase para facilitar a conciliación familiar e laboral, que para moitas familias con pequenos se complica nas vacacións do colexio. O servizo funcionará nas instalacións dos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa entre as 08:00 e as 14:30 horas. O custe é de 15 euros para o primeiro cativo, 10 para o segundo e 5 para o terceiro e sucesivos.

Poden participar neste programa municipal os/as cativos/as de 3 a 12 anos empadroados no Concello de Teo.

Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*