Golfiño volve ás librarías

Golfiño e os Invasores, de Fausto Isorna / El Patito EditorialQuen lle dera nome á desaparecida revista de banda deseñada, está xa de regreso con ‘Golfiño e os invasores’.

Fausto Isorna guionizou e debuxou as novas aventuras deste personaxe. Nun álbume de 80 páxinas cheo de humor e aventuras editado por El Patito Editorial, chega así ás librarías unha tola historia de Golfiño á beira de seus amigos Lombardini, Periquiña e Golfón. Desta volta, enfróntanse a uns extraterrestres, os cuacuánidos. E por aló andará tamén un histórico inimigo de Golfiño: o Monigote Vivente. Xa nas librarías, Golfiño e os Invasores preséntase o 29 de abril na FNAC da Coruña e o 12 de maio na libraría Couceiro, en Santiago.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*