Por unha cidade sen barreiras

Un grupo de mobilización xurdido a través de Facebook en Santiago de Compostela.

Se ben o grupo xorde co obxectivo específico de reclamar a desaparición de barreiras arquitectónicas en Santiago, a meta é extrapolable a moitas outras cidades. Os seus promotores, pais dunha meniña que usa cadeira de rodas, piden que “todas as persoas poidan circular libremente por onde queiran”.

Subliñan que se trata dunha “inxustiza” e unha “vulneración dos dereitos fundamentais de liberdade, igualdade e dignidade” o feito de atoparse tantos obstáculos no urbanismo actual. De xeito concreto, a mobilización xurdiu logo dos problemas de accesibilidade atopados no propio Concello e no Teatro Principal.

Máis información no grupo de Facebook: Compostela sen barreiras.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*