Un vendaval de arte e literatura, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 20h da tarde.
VENTOS CONFIRMADOS:
MONFORTE: ás 12:00 todos os centros de ensino da vila pararán para realizar lecturas de Lois Pereiro. Ás 20:00 h. no Salón de actos do Centro do Viño terá lugar un recital aberto sobre textos de Lois.
SARRIA: Ás 20:00 h. na Casa da Cultura lectura de poemas de Lois Pereiro.
A CORUÑA: Ás 21:00 h. no Antigo Cárcere Provincial, concerto en homenaxe a Lois de Duplo Son e Loretta Martin. Ás 20:00 h., no FNAC, Chelo Suárez aproveitará a presentación do seu libro As horas rotas para ler poemas seus en homenaxe a Lois.
BETANZOS: A A. C. Eira Vella desenvolverá o acto de homenaxe a Lois. En breve máis información.
FENE: A partir das 20:00 h. no Casino de Perlío haberá un recital VENTO LOIS a cargo dos e das participantes do obradoiro literario que se desenvolve cada venres, desde hai 10 anos, na Biblioteca Municipal (Museo do Humor). Leranse poemas de lois e mais poemas propios na súa homenaxe.
MADRID: Galego en Madrid-Espazo das Linguas Ibéricas (proxecto da Xunta de Galicia, Universidad de Alcalá, Instituto Cervantes …) organiza un acto que comezará ás 17:00 h. no Instituto Homeopático y Hospital San José (Rúa Eloy Gonzalo 3-5) no que se recitará a Lois Pereiro e a outros poetas galegos, con música galega, cine, comida…
En Vigo Ramón Nicolás ofrécese para participar coa lectura de textos ou para axudar a artellar algún acto na cidade. En Ferrol, o Ateneo Ferrolán está argallando xa unha homenaxe na cidade para ese día.
A seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 20h da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo… (por exemplo)”.
Toda a información da bitácora Loispereiro.blogaliza.org.