Concurso de fotografía dixital “Amósanos o que les” 2011

Concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les" 2011A rede de bibliotecas municipais do Concello da Coruña convida a recoller nunha fotografía “a túa visión do teu libro preferido”.

É a 4ª edición do concurso “Amósanos o que les”, desta volta co lema “Ver un libro”. Explícannos desde a rede de bibliotecas coruñesas: É sinxelo, escolle a túa obra preferida, popular ou non, de calquera orixe e época, e pona en imaxes.

Nesta edición estamos a buscar fotografías que conteñan unha recreación, unha impresión ou unha escenificación dun libro ou dun fragmento dun libro de ficción, dun personaxe, dunha situación, dun diálogo ou calquera outro aspecto dunha obra literaria determinada. Trátase de “trasladar” a unha imaxe que simbolice, ou directamente represente, algún dos temas, paisaxes, sentimentos, relacións que aparecen na novela, a poesía ou a obra literaria de teatro.

?O prazo de envío da fotografía remata o 5 de xuño do 2011 e poden participar ?todos os afeccionados á fotografía maiores de 18 anos que non teñan vinculación laboral coas Bibliotecas Municipais da Coruña nin os seus parentes en primeiro grao.

Envía a túa fotografía máis os datos solicitados ao correo electrónico bibliotecas@coruna.es Nome e apelidos, número de documento oficial de identidade, idade, teléfono móbil, cidade e país de residencia, título do libro no que se basea a fotografía e, se é o caso, capítulo ou fragmento no que se inspirou, breve explicación da fotografía en relación ao texto de orixe.

O primeiro premio consistirá nunha cámara dixital reflex e entregaranse dous premios aos finalistas consistentes nun reprodutor de mp4.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*